jueves, 20 de noviembre de 2014
DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO!!
O día 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral de Nacións Unidas aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO, na que se deron a coñecer os 10 dereitos que todo neno ten polo simple feito de selo...
COMEZAMOS A NOSA AVENTURA NO MAR
Este é o cartel que marca o inicio do Plan Proxecta "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR", no que estaremos mergullados todo o curso.
Este programa foi deseñado pola Consellería de Educación en colaboración coa Consellería do Mar e a de Sanidade
A través deste Proxecto imos aprender cousas tan interesantes como : diferentes especies de peixes e os seus valores nutricionais, a importancia do peixe e o marisco na nosa dieta a través de sinxelas e ricas receitas . Tamén afondaremos no mundo da pesca, transporte e preparación do peixe e aprenderemos a ser uns consumidores responsables co medio mariño.
Todos a bordo!!!
Preme no cartel se queres acceder as diferentes Unidades Didácticas en Pdf.
Se queres ver tódalas nosas actividades preme aquí.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
domingo, 14 de septiembre de 2014
MUSICONTOS: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS MUSICADOS
Proposta de traballo cooperativo realizada ao longo de todo o 3º trimestre do curso pasado co alumnado de 3º curso na aula de música.
A palabra e a voz mesturáronse con efectos sonoros, dando lugar a uns relatos sorprendentes e peculiares.
Este obradoiro estivo baseado na CREACIÓN, na INTERPRETACIÓN , na DRAMATIZACIÓN e na IMPROVISACIÓN. Botade un ollo!
A palabra e a voz mesturáronse con efectos sonoros, dando lugar a uns relatos sorprendentes e peculiares.
Este obradoiro estivo baseado na CREACIÓN, na INTERPRETACIÓN , na DRAMATIZACIÓN e na IMPROVISACIÓN. Botade un ollo!
jueves, 26 de junio de 2014
COAS MANS NA MASA : QONTARTE
A partir do álbum ilustrado Maruxa, baseado na canción tradicional polaca Maryna Gotuj pierogi ( que escoitaredes de fondo mentres vedes as fotos) da que a artista portuguesa Mafalda Milhoes fixo as ilustracións, todo o alumnado de 1º curso de Primaria traballou con masa de pan como elemento de creación plástica e deu forma aos personaxes do conto: Pepiño e Maruxa.
ratoeira dos contos de Slidely by Slidely Slideshow
sábado, 31 de mayo de 2014
Concerto-Presentación "BRINCA VAI!"
No no podedes perder! Se vos encantou o video que nos fixo gañador da Campaña do Concello de Vigo "Gústame o galego", o 1 de xuño tedes unha cita na Feira do Libro de Vigo con Paco Nogueiras Nodar, o autor da canción "meu o mundo é", tema incluido no seu novo libro-disco "BRINCA VAI" editado por Kalandraka,con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo. "Brinca Vai!" reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais,a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo.
"Brinca Vai!" reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.
Aquí tedes o video orixinal de "Meu o mundo é".Con motivo da súa chegada ás librarías de toda Galicia en vésperas do Día das Letras Galegas, “Brinca Vai!” publicou en Youtube o vídeo da canción, gravado na Zona Monumental de Pontevedra; un canto ao valor ilimitado da nosa lingua, na que se poden expresar e desenvolver todo tipo de emocións, experiencias e sectores: ciencia, arte, deporte, música, ensino, cine, teatro, literatura, industria ou investigación.
Etiquetas:
eventos,
música,
normalizaciónlingüística
miércoles, 28 de mayo de 2014
XL EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO
O pasado 23 de maio inaugurouse na Praza de Compostela a *XL Edición da Feira do Libro*, un proxecto literario no que teñen cabida diferentes sectores do mundo das letras: editoriais, institucións públicas, etc. A Feira preséntase este ano cun animado programa de actividades onde podemos atopar presentacións de novidades editoriais, firma de autores, obradoiros, concertos, etc.
Tamén contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade, a Biblioteca Pública Juan Compañel e a biblioteca do noso barrio, Biblioteca Municipal "Neira Vilas".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


