domingo, 30 de enero de 2011

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Montaxe audiovisual a partir do conto de Jerome Ruillier,
Un libro moi orixinal sobre a AMIZADE, a DIFERENZA E a EXCLUSIÓN, que che está a esperar na biblioteca xunto co resto dos LIBROS EN SON DE PAZ.

A ALDEA GLOBAL

A orixe deste libro foi un e-mail que deu a volta ao mundo grazas a maxia de internet para falar nun único idioma: o da esperanza en poder construír un mundo máis xusto.
Se puidéramos reducir a poboación da Terra a unha pequena comunidade de 100 persoas mantendo as proporcións de hoxe en día, sería algo coma isto...a terra en miniatura!
Desgraciadamente,sorprenderíache descubrir que só 20 delas consumirían o oitenta por cento da enerxía total e que só unha iría á Universidade.
As cifras asustan é?Atento ao video para coñecer máis detalles.


A MOITAS BOMBAS NON LLE GUSTA O SEU OFICIO...


Esta é unha historieta extraída dun libro existente na biblioteca que se chama "LIBRITO DE LAS IMÁGENES IMAGINABLES" de Fernando Hoyos.
Non ten palabras, non son necesarias.O único que precisades é unha observación atenta e coidadosa para captar a sabedoría que ocultan estas imaxes de personaxes singurares con vida propia, cheos de expresividade e humor.
Tamén podedes imaxinar outros finais posibles porque este é un libriño aberto á imaxinación...

jueves, 27 de enero de 2011

CONTÁNDONOS CONTOS

Onte 26 de xaneiro tivemos a primeira xuntanza arredor do álbum ilustrado:  dous pais, unha nai, dúas mestras e  dous cativos que estaban na biblioteca.
O martes pola tarde repartímonos os álbumes para preparalos para o día seguinte. O tema era: Os  avós e as avoas:
"A avoa Encarna fai niño" un álbum  de Everest escrito por Xosé Antonio Neira  Cruz  e ilustrado por Noemí López.
"El yayo ...es el yayo" de Lilli Messina da Editorial Takatuka.
"Que lle acontece á avoa?/What's wrong with grandma?" Texto e ilustracións de Miguel Peralta e Xoana Álvarez da Editora viguesa Triqueta Verde.
"Avós" texto de Chema Heras; ilustracións  de Rosa Osuna na editorial Kalandraka
e "Sal e azucre" de Iván Prieto  de OQO Editora.
A  contadora de "Avós" viu á escola o 4 de febreiro para contárllelo ao alumnado de 5 anos de Infantil. 

sábado, 22 de enero de 2011

LIBROS EN SON DE PAZ

Poñemos á vosa disposición todo o fondo documental existente na biblioteca sobre esta temática.
Como sabedes está  exposta na entrada da biblioteca esperando ser lidos, relidos e requetelidos en compaña dos vosos e das vosas profes.Queremos que vos gusten e entreteñan pero tamén que vos fagan reflexionar, pois un mundo mellor é posible.

6ª CARTA DO RATO

VISITA DE ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

 O día 12 de xaneiro  as rapazas e rapaces de 1º e 5º de Primaria tivemos un encontro con  ALFREDO GÓMEZ CERDÁ  na biblioteca.
En 1º limos "El ratón de Laviana" e agora comezaremos con "Jorge y el capitán".
En 5º,  "Timo, Rompebombillas". Agora estamos  lendo en voz alta "Barro de Medellín".
Un libro bo leva a outro.
En 1º curso falounos da imaxinación e pasamos un bo rato apañando unha nube do ceo e enviándolla a un compañeiro que dicía non ter imaxinación.  Aínda a garda no peto.
Escoitounos e contounos que os bartolos son ben ricos e que Rosa, la Alta existe. Logo, fixémonos unhas fotos xuntos, amosámoslles os nosos debuxos  e asinounos  libros cun lapis multicolor.
Os rapaces e rapazas de 5º falamos de Timo, dos diarios, do oficio de escritor, dos seus libros que son máis de cen, da imaxinación....
Un pracer.
VISITA DE ALFREDO GÓMEZ CERDÁ on PhotoPeach

miércoles, 12 de enero de 2011

5ª CARTA DO RATO


CONTOS QUE VEÑEN E VAN

O lema desta actividade é “Contos que veñen e van ” e está destinado a todo o alumnado de infantil.Os libros comezarán a camiñar das mans das nenas e dos nenos para ver mundo e encherse de vida nestas "bolsas de biblioteca" destinadas a protexelos e facilitar esa "viaxe".
Cada venres levarán unha bolsa que contén un conto para que o leades xuntos.
Xunto cos materiais mandamos unha folla para que cada familia aporte as súas impresións ou suxestións sobre a actividade.
Todos os luns devolverán a bolsa co seu contido.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que o esforzo incidirá moi positivamente no desenvolvemento do hábito lector das vosas fillas e fillos.
BOAS LECTURAS!!!

lunes, 10 de enero de 2011

GUÍA DE LECTURA PARA NON PERDERSE POLO BOSQUE

Este é punto de lectura que atoparedes na Biblioteca onde están seleccionados os libros que vos serán de axuda para o Proxecto do Bosque.

Tamén podedes consultalos na seguinte Guía de Lectura:

miércoles, 5 de enero de 2011

O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

Queremos compartir con vós unha curta de animación de 30 minutos de duración que atopamos na rede.
Esta baseada no relato do escritor francés  Jean Giono e fala de algo máis que de árbores.Fala de como a soa vontade dunha persoa pode cambiar o mundo que ten ao seu arredor.
Animámosvos a ler o libro, dispoñible na biblioteca nunha fermosa e novidosa edición en pop-up!





NOITE DE REIS

Decátome  de que xa é día 5 de xaneiro,  de que en cinco días volvemos a vérmonos  o pelo e  de que as criaturas do bosque dos contos aínda non botamos a nosa carta aos Reis. Aínda estamos a tempo.
Pedirémoslles para vós  ás Súas Altezas: alegría, imaxinación, sentidiño  e ganas de traballar . Tamén algo material  que teña que ver co noso proxecto, por exemplo: unha árbore, aínda que sexa pequeniña, libros e xogos e xoguetes.
Unha man de pintura para as paredes e...algunha sorpresa...
Bo ano, por certo.

Rato