Onte 26 de xaneiro tivemos a primeira xuntanza arredor do álbum ilustrado: dous pais, unha nai, dúas mestras e dous cativos que estaban na biblioteca.
O martes pola tarde repartímonos os álbumes para preparalos para o día seguinte. O tema era: Os avós e as avoas:
"A avoa Encarna fai niño" un álbum de Everest escrito por Xosé Antonio Neira Cruz e ilustrado por Noemí López.
"El yayo ...es el yayo" de Lilli Messina da Editorial Takatuka.
"Que lle acontece á avoa?/What's wrong with grandma?" Texto e ilustracións de Miguel Peralta e Xoana Álvarez da Editora viguesa Triqueta Verde.
"Avós" texto de Chema Heras; ilustracións de Rosa Osuna na editorial Kalandraka
e "Sal e azucre" de Iván Prieto de OQO Editora.
A contadora de "Avós" viu á escola o 4 de febreiro para contárllelo ao alumnado de 5 anos de Infantil.