O lema desta actividade é “Contos que veñen e van ” e está destinado a todo o alumnado de infantil.Os libros comezarán a camiñar das mans das nenas e dos nenos para ver mundo e encherse de vida nestas "bolsas de biblioteca" destinadas a protexelos e facilitar esa "viaxe".
Cada venres levarán unha bolsa que contén un conto para que o leades xuntos.Xunto cos materiais mandamos unha folla para que cada familia aporte as súas impresións ou suxestións sobre a actividade.
Todos os luns devolverán a bolsa co seu contido.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que o esforzo incidirá moi positivamente no desenvolvemento do hábito lector das vosas fillas e fillos.
BOAS LECTURAS!!!