domingo, 25 de diciembre de 2011

FACER XOGUETES CON MATERIAIS RECICLADOS

Seica os Reis Magos visitaron o cole e comentáronlle ao Rato Pardo que estaban un pelín preocupados porque este ano non poderán traer todos os agasallos que os rapaces e as rapazas pidan, xa que corren malos tempos con isto da crise que xa nos sae a todos e a todas polas orellas...
Pero que non "panda o cúnico" porque para compensalo, deixáronnos na biblioteca unha guía  para facer xoguetes na casa con materiais reciclados publicada vai tempo por Unicef. 

Ao Rato Pardo pareceulle unha idea brillante e dobremente divertida xa que deste xeito, disfrutades coa súa fabricación e máis tarde xogando con eles; e ademais, como para a construción dalgúns, precisades a axuda dun adulto, compartiredes un rato especial en familia.
Podedes descargalo AQUÍ e empezar xa!