A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), seguindo a súa liña de promoción e difusión das artes escénicas e musicais e co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, vén convocando anualmente os premios ÁLVARO CUNQUEIRO para textos teatrais, MANUEL MARÍA de literatura dramática infantil e BARRIGA VERDE de textos para teatro de monicreques.
Marcos Abalde Covelo coa obra A cegueira e Paula Carballeira co texto O refugalloson os gañadores, respectivamente, do XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e do VI Manuel María de literatura dramática infantil. Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic, desvelou hoxe a decisión do xurado encargado de resolver a edición 2011 dos galardóns.
De acordo con este mesmo ditame, decidiuse por unanimidade declarar deserto o IX Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para públicos infantil e adulto.