sábado, 31 de mayo de 2014

Concerto-Presentación "BRINCA VAI!"


No no podedes perder! Se vos encantou o video que nos fixo gañador da Campaña do Concello de Vigo "Gústame o galego", o 1 de xuño tedes unha cita na Feira do Libro de Vigo con Paco Nogueiras Nodar, o autor da canción "meu o mundo é", tema incluido no seu novo libro-disco "BRINCA VAI" editado por Kalandraka,con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo. "Brinca Vai!" reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais,a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo.
"Brinca Vai!" reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.



Aquí tedes o video orixinal de "Meu o mundo é".Con motivo da súa chegada ás librarías de toda Galicia en vésperas do Día das Letras Galegas, “Brinca Vai!” publicou en Youtube o vídeo da canción, gravado na Zona Monumental de Pontevedra; un canto ao valor ilimitado da nosa lingua, na que se poden expresar e desenvolver todo tipo de emocións, experiencias e sectores: ciencia, arte, deporte, música, ensino, cine, teatro, literatura, industria ou investigación.


miércoles, 28 de mayo de 2014

XL EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO

O pasado 23 de maio inaugurouse na Praza de Compostela a *XL Edición da Feira do Libro*, un proxecto literario no que teñen cabida diferentes sectores do mundo das letras: editoriais, institucións públicas, etc. A Feira preséntase este ano cun animado programa de actividades onde podemos atopar presentacións de novidades editoriais, firma de autores, obradoiros, concertos, etc. Tamén contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade, a Biblioteca Pública Juan Compañel e a biblioteca do noso barrio, Biblioteca Municipal "Neira Vilas". 

domingo, 25 de mayo de 2014

IV EDICIÓN QONTARTE

Dende a Concellería de Educación do Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, na súa 4ª edición de QONTARTE,participaremos en tres obradoiros gastronómicos-literarios e de plástica creativa, para promover entre os nenos e nenas o coñecemento de distintos países europeos a través dos seus contos tradicionais e das súas manifestacións gastronómicas. Esta campaña titúlase: “COCIÑA DE CONTOS".
As monitoras da editorial OQO, Raquel e Cristina,impartirán os seguintes obradoiros: - Para 6ºA de E. Primaria: “EUROPA Á CARTA” o 19 de maio. - Para 1ºA e 1ºB de E. Primaria: “COAS MANS NA MASA” o 4 de xuño. - Para 6º de E. Infantil: “CONTOS A PEDIR DE BOCA” o 16 de xuño.

De momento deixámosvos as fotos de EUROPA Á CARTA, o primeiro dos obradoiros que fixo 6º A da man de Cristina e coa que quedamos encantados, achegándonos á gastronomía e cultura de países como Polonia, Italia, Francia, Portugal e España.

EUROPA Á CARTA on PhotoPeach

jueves, 22 de mayo de 2014

“You’re Gonna Miss Me” (cup song): EVOLUCIÓN DUNHA CANCIÓN

Durante parte do Segundo trimestre, os cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria, estiveron inmersos na febre da CUP SONG na aula de música. Seguramente todos a coñeceredes polo título “Si me voy” xa que Paula Rojo fixo una versión en castelán desta canción recentemente…
Pero… quen a compuso? Pois seguide lendo se queredes saber a súa fascinante e looooonga historia... Para iso,temos que viaxar ata Virginia (EEUU) e remontarnos moitos anos atrás , concretamente a 1931 porque a canción foi escrita pola Familia Carter, un grupo de country moi famoso durante a época da Gran Depresión .
  
En 1937, o grupo “The muntaineers” fixo unha versión e a titulou “Miss me when i´m gone”.
Ao arredor de 1940, Charlie Monroe, coa súa banda Lester Flatt, versioneou de novo a canción.
No 2009, Luisa Gerstein e outra membro da banda Landshapes, agora coñecida coma Lulu and the Lampshades( xa que cambiaron o nome artístico no 2012) subiron un video delas mesmas a youtube cunha versión totalmente renovada baixo o título “You´re gonna miss me” e utilizaron a famosa “cup clap” para acompañar con percusión á voz. Este video tivo un enorme éxito en internet e en pouco tempo apareceron moitísimas versión desta canción usando a técnica da “cup clap” e pasou a coñecerse co nome de “The cup song"
   

 Máis tarde, Lulu and the Lampshades gravaron una versión mellorada. 

  

Xa no ano 2012 a canción formou parte da BSO do filme “Pich Perfect”, una versión pop cantada por Anna Kendrick. Esta versión deu a coñecer a medio mundo a canción que a Familia Carter gravara hai 80  anos!

 Así que…dito isto, só queda que vexades os nosos videos! Por certo, e cal é a túa versión favorita?






lunes, 12 de mayo de 2014

MAIO, MES DAS LETRAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Velaquí unha orixinal versión de "Penélope" do poeta Xosé María Díaz Castro da man de Paco Nogueiras !

O profesor de música do CEIP Fernández Latorre de A Coruña musicou o poema "Esmeralda".Canta unha alumna de 4º do CEIP Fdez. Latorre. De seguro que vos vai gustar !
E por último, unha xenial adaptación da famosa "cup song" dende o IES poeta Díaz Castro de Guitiriz: