Durante parte do Segundo trimestre, os cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria, estiveron inmersos na febre da CUP SONG na aula de música.
Seguramente todos a coñeceredes polo título “Si me voy” xa que Paula Rojo fixo una versión en castelán desta canción recentemente…
Pero… quen a compuso? Pois seguide lendo se queredes saber a súa fascinante e looooonga historia...
Para iso,temos que viaxar ata Virginia (EEUU) e remontarnos moitos anos atrás , concretamente a 1931 porque a canción foi escrita pola Familia Carter, un grupo de country moi famoso durante a época da Gran Depresión .
En 1937, o grupo “The muntaineers” fixo unha versión e a titulou “Miss me when i´m gone”.
Ao arredor de 1940, Charlie Monroe, coa súa banda Lester Flatt, versioneou de novo a canción.
No 2009, Luisa Gerstein e outra membro da banda Landshapes, agora coñecida coma Lulu and the Lampshades( xa que cambiaron o nome artístico no 2012) subiron un video delas mesmas a youtube cunha versión totalmente renovada baixo o título “You´re gonna miss me” e utilizaron a famosa “cup clap” para acompañar con percusión á voz.
Este video tivo un enorme éxito en internet e en pouco tempo apareceron moitísimas versión desta canción usando a técnica da “cup clap” e pasou a coñecerse co nome de “The cup song"
Máis tarde, Lulu and the Lampshades gravaron una versión mellorada.
Así que…dito isto, só queda que vexades os nosos videos! Por certo, e cal é a túa versión favorita?