miércoles, 15 de abril de 2015

A RITMO DE CUNCHAS

É un instrumento natural formado por dúas cunchas de vieira. Por habelas de variadas formas e tamaños, é importante saber escoller aquelas que nos proporcionan maior variedade tímbrica e intensidade sonora. Para isto debemos ter en conta que sexan o máis cóncavas posibles.
O tamaño, o que fai é influír na altura do son: canto máis grandes sexan as cunchas máis grave, e ao revés, canto máis pequenas, máis agudo, a gusto do intérprete.
Cóllense cos dedos polgar e índice da man esquerda na zona onde a vieira é menos redondeada, e coa parte cóncava ollando cara a man. Os demais dedos apóianse na zona redondeada.
A man dereita suxeita a outra cuncha e leva o ritmo desexado ao percutir ou rascar na outra cuncha.
É un istrumento ideal para acompañar tanto a voz como a calquera outro instrumento. Doado de tocar, cunha gran variedade tímbrica e rítmica, barato e moi adecuado para iniciarse nos ritmos básicos da nosa música cun instrumento propio da nosa cultura.

Extraído  da Guía didáctica de Instrumentos Galegos de Moisés Quintas Suárez. Editorial Ouvirmos.


Tamén podedes consultar a aquí para máis información. E xa abonda de tanta teoría... ides ver unha maxistral demostración de como se tocan as cunchas da man de Iria e Carla, dúas alumnas de terceiro curso de Primaria. E lembrade... despois de comer unhas saborosas vieiras, non tiredes as cunchas, non son desperdicios, son un típico instrumento musical da cultura galega!