martes, 10 de marzo de 2015

OBRADOIRO OS ARROASES


Hoxe 10 de marzo, chegou a visita que tanto esperábamos dende o inicio do noso proxecto. Foi nin máis nin menos que un divertido obradoiro de consumo en forma de teatro e xogos cooperativos, no que tiveron a ocasión de participar case a totalidade do alumnado de primaria do colexio.
Neste  obradoiro  coñecimos  a "Os arroases" una pandilla de  6 nenos e nenas que teñen poderes especiais grazas a todo o peixe que comen. 
Agora sabemos máis dalgunhas especies: o lirio, a pescada, a sardiña, o mexillón, a troita, o xurelo e o rodaballo e dos nutrientes que nos aportan.



Como nos portamos moi ben e aprendemos moitas cousas todos conseguimos o noso diploma de “Mariñeiros Pescadores Sostibles”. 

"O ACUARIO" DE CAMILLE SAINT-SAËNS

Cos arpexios máis suaves do piano e as notas musicais longas dos instrumentos de corda xunto coa frauta traveseira e a armónica de cristal, fomos sumerxíndonos nas profundidades do mar á volta do Entroido,durante o final do 2º trimestre en todas as aulas de infantil e tamén nas aulas de 1º e 2º curso variando a complexidade da actividade dependendo das diferentes idades.
Nesta obra musical chamada O ENTROIDO DOS ANIMAIS o compositor Saint-Saëns "disfraza" a diferentes instrumentos musicais de animais, creando unha gran fantasía zoolóxica.
 Escribiuna no ano 1886 durante as súas vacacións e presentoulla só a un pequeno grupo de amigos o martes de Entroido dese mesmo ano.
Esta melodía do ACUARIO inspirounos para imitar todo tipo de animais mariños,dramatizando e imitando os movementos dos animais mediante a expresión corporal, á vez que aprendíamos a diferenciar diferentes especies que aparecían neste musicograma tan orixinal como o peixe globo, a quenlla, o escurridizo polbo, medusas, nécoras, cabaliños e estrelas de mar entre o argazo...


http://www.iesquintana.net/descargas/musica/acuario.swf


Ademais esta experiencia de traballo foi unha excelente maneira de introducir aos máis cativos e cativas na música clásica!

domingo, 22 de febrero de 2015

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 4º e 6º participou nun encontro con Ana Alonso o 17 de febreiro .
Despois de ter lido "Como hablar con tu robot" e  "Antes de medianoche"  respectivamente.
Ana contoulles como se fixo escritora e animou aos rapaces a escribir historias.
Finalmente, as dedicatorias nos seus libros e unha foto con Ana, para non esquecer este día tan especial!

domingo, 8 de febrero de 2015

CON SABELA GAGO

O 2 de febreiro visitounos de novo a gran actriz e mestra Sabela Gago, integrante da compañía de teatro ourensán SARABELA.
Estivo connosco animándonos a ler e facéndonos descubrir a maxia que hai dentro dos libros.
O encontro foi moi divertido, os nenos e nenas de 3º convertíronse en protagonistas por un día interpretando ... Graciñas Sabela !

martes, 27 de enero de 2015

LIBROS EN SON DE PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Dende as Bibliotecas Escolares podemos servir de instrumento de paz e entendemento entre o alumnado de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Por iso o Equipo de Biblioteca do cole quere contribuir con esta selección bibliográfica titulada "Libros en Son de Paz". A meirande parte dos libros os podedes atopar no expositor que estará ubicado na entrada da biblioteca. Se premedes na imaxe podedes visualizar ou mesmo imprimir dita selección.

Ademais, este 27 de xaneiro cúmprense 70 anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz;
unha data que se instituíu como Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto.

<div data-configid="0/11187201" style="width:525px; height:371px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

jueves, 15 de enero de 2015

COCIÑAR PRODUTOS DO MAR DUN XEITO DIVERTIDO!

Hoxe recomendamos un libro de receitas que axuda a iniciarse ao máis cativos e cativas e ás súas familias no consumo de peixe e no mundo da cociña e dos alimentos. Así, todos aprenderemos a facer de comer e tamén a coidar a alimentación, é dicir, saber que e como comemos. Ademáis de aprender, a diversión está garantida!
Este libro forma parte da colección Cociña Infantil e Familiar da Editorial Ouvirmos.
 Nel atoparedes 20 recetas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso de forma sinxela por profesores titulados de hostalería. Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro son os encargados de guiarnos ao longo desta aventura culinaria.As fotografías que acompañan as explicacións son de Tono Arias.
Veña chefs! Cociñade os produtos do mar como nunca antes imaxinárades! A practicar!



Premio Libro Educativo 2012 pola Asociación Galega de Editores.