miércoles, 15 de abril de 2015

O PEIXE DE MANOLA, O PEIXE QUE MÁIS MOLA!


O alumnado de 1ºA ,acompañados da súa mestra Laura, cantan, bailan e aprenden un montón de nomes de peixes grazas a este vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça(Editorial Galaxia).Realización: Cuchi Carreira

"Traio sardiña,
xurelo pequeno,
pescada do pincho,
bonito de Burela,
fanecas e rapantes,
choco de Cesantes,
raia, peixe sapo,
luras e bacallau"



A RITMO DE CUNCHAS

É un instrumento natural formado por dúas cunchas de vieira. Por habelas de variadas formas e tamaños, é importante saber escoller aquelas que nos proporcionan maior variedade tímbrica e intensidade sonora. Para isto debemos ter en conta que sexan o máis cóncavas posibles.
O tamaño, o que fai é influír na altura do son: canto máis grandes sexan as cunchas máis grave, e ao revés, canto máis pequenas, máis agudo, a gusto do intérprete.
Cóllense cos dedos polgar e índice da man esquerda na zona onde a vieira é menos redondeada, e coa parte cóncava ollando cara a man. Os demais dedos apóianse na zona redondeada.
A man dereita suxeita a outra cuncha e leva o ritmo desexado ao percutir ou rascar na outra cuncha.
É un istrumento ideal para acompañar tanto a voz como a calquera outro instrumento. Doado de tocar, cunha gran variedade tímbrica e rítmica, barato e moi adecuado para iniciarse nos ritmos básicos da nosa música cun instrumento propio da nosa cultura.

Extraído  da Guía didáctica de Instrumentos Galegos de Moisés Quintas Suárez. Editorial Ouvirmos.


Tamén podedes consultar a aquí para máis información. E xa abonda de tanta teoría... ides ver unha maxistral demostración de como se tocan as cunchas da man de Iria e Carla, dúas alumnas de terceiro curso de Primaria. E lembrade... despois de comer unhas saborosas vieiras, non tiredes as cunchas, non son desperdicios, son un típico instrumento musical da cultura galega!


jueves, 2 de abril de 2015

DíA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL






Hoxe 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar outro célebre aniversario, o nacemento de Hans Christian Andersen, pai de historias infantís tan sorprendentes como "El patito feo", El soldadito de plomo", "La sirenita" e outros moitos contos que veñen acompañando a moitos nenos e nenas de distintas xeracións.










sábado, 21 de marzo de 2015

Hoxe celébrase o día mundial da poesía!
Foi declarado pola UNESCO o 21 de marzo como "Día mundial de la poesía" porque quixo darlle así un ímpeto social á poesía.
Dende entón, este día busca valorar aos poetas como persoas que coa palabra tentan mellorar o mundo.







Unha chulada os poemas infantís e poesías para nenos visto en leer.es via www.bosquedefantasias.com.
Si estás interesado fai clic na imaxe e a gozar...

martes, 10 de marzo de 2015

OBRADOIRO OS ARROASES


Hoxe 10 de marzo, chegou a visita que tanto esperábamos dende o inicio do noso proxecto. Foi nin máis nin menos que un divertido obradoiro de consumo en forma de teatro e xogos cooperativos, no que tiveron a ocasión de participar case a totalidade do alumnado de primaria do colexio.
Neste  obradoiro  coñecimos  a "Os arroases" una pandilla de  6 nenos e nenas que teñen poderes especiais grazas a todo o peixe que comen. 
Agora sabemos máis dalgunhas especies: o lirio, a pescada, a sardiña, o mexillón, a troita, o xurelo e o rodaballo e dos nutrientes que nos aportan.



Como nos portamos moi ben e aprendemos moitas cousas todos conseguimos o noso diploma de “Mariñeiros Pescadores Sostibles”. 

"O ACUARIO" DE CAMILLE SAINT-SAËNS

Cos arpexios máis suaves do piano e as notas musicais longas dos instrumentos de corda xunto coa frauta traveseira e a armónica de cristal, fomos sumerxíndonos nas profundidades do mar á volta do Entroido,durante o final do 2º trimestre en todas as aulas de infantil e tamén nas aulas de 1º e 2º curso variando a complexidade da actividade dependendo das diferentes idades.
Nesta obra musical chamada O ENTROIDO DOS ANIMAIS o compositor Saint-Saëns "disfraza" a diferentes instrumentos musicais de animais, creando unha gran fantasía zoolóxica.
 Escribiuna no ano 1886 durante as súas vacacións e presentoulla só a un pequeno grupo de amigos o martes de Entroido dese mesmo ano.
Esta melodía do ACUARIO inspirounos para imitar todo tipo de animais mariños,dramatizando e imitando os movementos dos animais mediante a expresión corporal, á vez que aprendíamos a diferenciar diferentes especies que aparecían neste musicograma tan orixinal como o peixe globo, a quenlla, o escurridizo polbo, medusas, nécoras, cabaliños e estrelas de mar entre o argazo...


http://www.iesquintana.net/descargas/musica/acuario.swf


Ademais esta experiencia de traballo foi unha excelente maneira de introducir aos máis cativos e cativas na música clásica!