domingo, 25 de diciembre de 2011

FACER XOGUETES CON MATERIAIS RECICLADOS

Seica os Reis Magos visitaron o cole e comentáronlle ao Rato Pardo que estaban un pelín preocupados porque este ano non poderán traer todos os agasallos que os rapaces e as rapazas pidan, xa que corren malos tempos con isto da crise que xa nos sae a todos e a todas polas orellas...
Pero que non "panda o cúnico" porque para compensalo, deixáronnos na biblioteca unha guía  para facer xoguetes na casa con materiais reciclados publicada vai tempo por Unicef. 

Ao Rato Pardo pareceulle unha idea brillante e dobremente divertida xa que deste xeito, disfrutades coa súa fabricación e máis tarde xogando con eles; e ademais, como para a construción dalgúns, precisades a axuda dun adulto, compartiredes un rato especial en familia.
Podedes descargalo AQUÍ e empezar xa!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

viernes, 9 de diciembre de 2011

GAÑADORES DO PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO E MANUEL MARÍA


O novo dramaturgo Marcos Abalde gaña o XX Premio Álvaro Cunqueiro coa súa aposta polo teatro poético en A CEGUEIRA A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), seguindo a súa liña de promoción e difusión das artes escénicas e musicais e co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, vén convocando anualmente os premios ÁLVARO CUNQUEIRO para textos teatrais, MANUEL MARÍA de literatura dramática infantil e BARRIGA VERDE de textos para teatro de monicreques.






Marcos Abalde Covelo coa obra A cegueira e Paula Carballeira co texto O refugalloson os gañadores, respectivamente, do XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e do VI Manuel María de literatura dramática infantil. Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic, desvelou hoxe a decisión do xurado encargado de resolver a edición 2011 dos galardóns.

De acordo con este mesmo ditame, decidiuse por unanimidade declarar deserto o IX Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para públicos infantil e adulto.






domingo, 4 de diciembre de 2011

Saul Bass title sequence - Around the world in eighty days (1956)

ANIMANDO Á LECTURA DENDE A AULA DE MÚSICA

contos musicais on PhotoPeach

VIDEOCONFERENCIAS 2011: XORNADA POLA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o venres 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convidou a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegaron temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade.
Ademais de seguir a videoconferencia, o alumnado de 5ºB e o seu titor Marcos, tiveron a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

viernes, 2 de diciembre de 2011

COMEZA CURTULGAL 2011!

Preme na imaxe para consultar a programación e achégate a Pontevedra!Teatro, música, libros e moito máis!



Spot Culturgal 2011 from Culturgal on Vimeo.

domingo, 27 de noviembre de 2011

COÑECENDO AO "GATIPEDRO"

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar ó gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua e, probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro:Novidades do mundo e fauna máxica

Na Coruña hai unha praza moi famosa que ten unha fonte cunha escultura do Gatipedro, trátase da Praza do Humor!



Neste par de fichas, os máis pequechos e pequechas podedes completar a historia do gatipedro, ordenar as letras do seu nome e debuxarlle ao gatipedro o corniño e a lingua!


domingo, 20 de noviembre de 2011

NÓS TAMÉN QUEREMOS 1000 PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA

REGUEIFANDO!

O 25 de outubro, alumnado de 5º e 6º curso achegouse á improvisación oral, ao ritmo, á rima, aos xogos de palabras...con dous expertos regueifeiros: Luis Caruncho e Pinto de Herbón.
O obradoiro foi ofertado pola Concellería de Normalización Lingüística.
Aquí tedes unha mostra dalgunhas coplas que inventaron:

martes, 27 de septiembre de 2011

jueves, 21 de julio de 2011

The Boy and the Starfish

A man was walking along the beach as the sun set. He listened to the swish-swish of the waves and the padding of his own feet.
He noticed that the sand was littered with starfish. All along the beach, thousands and thousands had been washed up by the sea. There, they lay dying because they could not survive long out of the water.
In the distance, the man saw a small boy running frantically up and down the beach. As the man got closer, he saw the boy was picking up starfish and throwing them back into the sea.
Again and again he ran, picked up one or two of the stranded creatures and returned them to the water.
The boy did not notice the man approaching until he shouted.
"—Little boy, what on earth are you doing?"
The boy replied:
"—Can’t you see? I’m saving the starfish."
"—Don’t be silly!"—said the man "—There are thousands and thousands of starfish on this beach. How can you possibly make any difference?"
The boy hesitated for a moment. Then, he reached down, carefully picked up another starfish and cast it back into the sea.
Looking back at the man, he said :
"—I made a huge difference for that one!"





"I will be a hummingbird" - Wangari Maathai



No  outono do vindeiro curso 2011-2012  un grupo de alumnas e alumnos de 6º de Primaria  e dúas mestras imos de inmersión. Un dos temas sobre o que imos traballar é o impacto das accións do ser humano na natureza . Ide escoitando esta historia de Wangarí sobre o pequeno colibrí (the hummingbird).

jueves, 23 de junio de 2011

LER NO VERÁN...

Acabouse a función.
Isto foi todo.
Báixase o pano e comezan as vacacións de verán.
Nas nosas recomendacións atoparedes poea e teatro.
Álbumes, recén saídos do forno e até un libro de receitas.
Vémonos á volta.

 Guía de Infantil



Guía de 1º ciclo

Guía de 2º ciclo
Guía de 3º ciclo

sábado, 18 de junio de 2011

ANXO FARIÑAS GAÑOU O PREMIO MERLÍN

Los Premios Xerais 2011 reconocen a Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña

Anxo Fariñas—antigo alumno da nosa escola—gañou o Premio Merlín  este ano coa novela "A chave da Atlántida" . Parabéns.

miércoles, 1 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


                          



Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.



sábado, 21 de mayo de 2011

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO





Ademais...
Fai un COMIC ON-LINE 
Consulta a GUÍA DO COMIC
Consulta a galería de Abraham Carreiro na AGPI(Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) 

sábado, 14 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

HAI ALGO DE BOSQUE NO MEU NOME...

Andivemos moi atarefados investigando sobre antropónimos relacionados co bosque e o mundo vexetal existentes entre o alumnado do noso cole e,sabedes que?pois...descubrimos un montonazo deles...
A saber:Nespereira,Val,Nogueira,Pereira,Laura("loureiro"),Rosalía("rosa"),Pumales("conxunto de maceiras"),Castro,Steinweg("camiño de pedra"),DaSilva,Rocha,Pomar,Veiga,Couselo,Graña,Carracedo,Cortizo,Juncal,Busquets,Oliveira,Robles,
Sobreira,Montes,Arboleda,Piñeiro,Otero,Moreira,Abeledo,Penedo,Canabal,Castelao,Figueiras...uff...de seguro que algún quedou polo camiño pero animámosvos a que coñezades máis cousas sobre a súa orixe!

lunes, 9 de mayo de 2011

EXPOSICIÓN A PARTIR DE CONTOS DE ANDERSEN


Estes son os "packs- agasallo" con libretas,chapas, marcapáxinas... para o alumnado participante.Graciñas a todas as familias que colaboraron na exposición!

domingo, 8 de mayo de 2011

O BOSQUE DOS LIBROS

Mirade esta interesante creación de Abraham Méndez Ramos en Tarragona,amante da escritura, os libros e a comunicación e coleccionista de pezas e motivos sobre estes mundos.Foi creado coa fin de que todo escritor “colgue unha folla do seu libro”nun dos centenares de árboles que hai neste parque.A mensaxe é: “Ven, abraza unha árbore e planta o teu libro”.


miércoles, 4 de mayo de 2011

PREMIADOS OS CONTOS CARTONEIROS DE 5º

Xa temos gañadoras do I certame de álbum illustrado convocado pola Libraría Peles Guedellas.
O sábado día 30 ás 19:00 soubemos que Aldara e Rosalía gañaban o 1º Premio e Diana Gonçalves obtiña un accésit na mesma categoría cos seus contos cartoneiros. Tamen acudiron nais e pais e mestras. Beeeeeeeeeeeeeeeen!
Os oito álbumes cartoneiros presentados pola nosa escola  estarán expostos até o mes de xuño.

domingo, 1 de mayo de 2011

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

VISITA DE TERESA GÓNZALEZ COSTA on PhotoPeach

Se pinchades na portada do libro atoparedes actividades ofrecidas pola propia editorial pensadas para despois da lectura.Se as túas respostas son certeras,demostrarás que eres un intrépido lector ou lectora!

viernes, 29 de abril de 2011

ARTE INSPIRADA NO BOSQUE

Esta é unha mostra da Exposición que hai actualmente no cole con todos os traballos artísticos elaborados ao longo do curso e inspirados no bosque utilizando moi diversas técnicas.Os artífices destas orixinais obras de arte son o alumnado do 2º ciclo.Noraboa!




miércoles, 27 de abril de 2011

martes, 26 de abril de 2011

INICIO DA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA "CONTARTE" 2011

O Servizo de Educación do Concello de Vigo pon en marcha dende o día 24 de marzo ata o 29 de abril ( mes que conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) a campaña Contarte 2011 coa que se pretende achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte dun xeito lúdico e diferente a través do álbum ilustrado e incidir así no fomento do hábito lector entre os máis cativos.

En colaboración con OQO Editora, con ampla e recoñecida traxectoria en actividades de dinamización pedagóxica de animación á lectura, durante este período realizaranse obradoiros especialmente deseñados para traballar á lectura do conto coma un espacio de achega á literatura, a interculturalidade e á creación artística.

Prevese a participación neste programa lector, formativo e de entretemento de máis de 2.600 alumnos e alumnas de educación Primaria de 22 centros escolares de Vigo aos que, con estas actividades, se tentará promover o desenvolvemento do seu espírito crítico e ofrecerlle medios para aprender novas formas de mirar.

VISITA DE PEPE MAESTRO

VISITA DE PEPE MAESTRO on PhotoPeach

miércoles, 20 de abril de 2011

INTERTEATRO:VISITA DO NOSO COLE AO CEIP E.P. BAZÁN

Comezamos coas xornadas de Interteatro o 7 de abril represenando "O Gruffalo" no Chouzo,aquí tedes unha boa mostra,cortesía de Oscar, que documentou fotograficamente a obra ademais de participar nela.

martes, 19 de abril de 2011

XURADO PREMIO ÁLBUM ILUSTRADO PELES GUEDELLAS

Xa sabemos quen será o xurado do I Premio de Álbum Ilustrado da libraría  Peles Guedellas de Vigo ao que presentamos oito exemplares de libros cartoneiros feitos polo alumnado de 5º:
O escritor e ilustrador Ramón Trigo, un dos grandes nomes do álbum ilustrado en España, premiado varias veces e autor dos inconfundibles, Eu vivía na fin do mundo, As luces que se acenden e se apagan O burato do inferno, entre outros; a presidenta de ANILIJ, coordinadora de LIJMI e unha das grandes especialistas en Literatura Infantil, Blanca-Ana Roig, catedrática na USC; José Rodal, Carpenter, poeta e pintor, autor de varias exposicións en Vigo, Betanzos e Ourense, Rosa Lorenzo, bibliotecaria da Escola Universitaria de Maxisterio, filóloga e amante do álbum ilustrado e Alexia Dotras.

lunes, 18 de abril de 2011

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Alumnos e alumnas da Doblada! ¡Mestres e mestras! ¡Pais, nais, avós, tíos, irmáns, curmáns, curmás! Tartarugas, paxaros, píntegas, peixes, vermes, sapoconchos, carricantas e calquera ser vivo desta escola!
Chegou o día do libro! Sí, pero é o día de todos os libros. De calquiera.Tanto ten que sexa grande, pequeno, enrrugado,con son ou en branco e negro; que fale de animais, de seres fantásticos; que explique as marabillas das selvas ou da escuridade do fondo mariño; que o empregues para que a mesa non coxee ou que o poñas de adorno no salón. Tanto ten.É o día de calqueira libro. É o Día do Libro. Dos que che fan chorar da risa, dos que che fan tremer do miedo, dos que se len cunha lanterna debaixo da manta. Tamén é o día deses.Até é o día dos libros mutilados, dos que teñen pintadas ou mordidas algunas das  páxinas.
Tanto ten! ¡É o día do libro! Dos antigos e dos novos,e até dos que aínda non están escritos agás nun corazón.
É o día del libro! Felicidades libro! Querémoste libro!
Texto traducido de El Cuentero

Con estas ACTIVIDADES vas descubrir por que se celebra este día e non outro...Ti sábelo?
Segue as pistas... e resolverás o enigma.¡Anímate a investigar e un bo Sherlock Holmes serás!
E lembra sempre este sabio provervio hindú:


Os máis cativos podedes ver esta animación tan chula que aconteceu xusto o Día do Libro:


sábado, 16 de abril de 2011

LIBROS CARTONEIROS

QUE É UN LIBRO CARTONEIRO?  
Pois un libro feito a partir de fotocopias e cartón reciclado para as gardas.

Unha iniciativa que xurdiu en latinoamérica no 2003, concretamente na Arxentina coma un proxecto editorial, artístico, social e comunitario sen ánimo de lucro.As editoriais cartoneras conseguen editar libros de moi baixo custe que se difunden logo na rúa a precios accesibles para a poboación. Publican material inédito porque cada un dos libros é único!
Eloisa Cartonera foi a primeira.Tras o modelo de Eloisa, fundada por Santiago Vega (Washington Cucurto) e Javier Barilaro, xurdiron iniciativas semellantes por toda América Latina: Sarita Cartonera en Lima; Animita Cartonera, en Santiago de Chile; Lupita Cartonera en Cidade de México e Yerba Mala, en Bolivia.Agora chegan á Doblada da man dos seus alumnos que quixeron fabricar os seus propios libros cartoneiros inspirándose neste proxecto tan singular.Algúns animáronse a contarllos aos máis cativos nunha sesión na biblioteca.
LIBROS CARTONEIROS on PhotoPeach


Para saber más:

www.eloisacartonera.com.ar

www.colectivo7.com

www.saritacartonera.com

www.animita-cartonera.cl

www.yerbamalacartonera.blogspot.com

www.lacentral.com/agenda?evento=9531&idm=1


INTERTEATRO:VISITA DO CEIP LOPE DE VEGA

 Hoxe 13 de abril tocoulles ao alumnado do CEIP Lope de Vega, que representaron para 3º,4º e 5º curso  "A outra historia de Carapuchiña Vermella", unha versión de creación propia totalmente diferente deste clásico na que rompen todos os tópicos dos seus personaxes.Encantounos!
INTERTEATRO:CEIP LOPE DE VEGA on PhotoPeach

INTERTEATRO:VISITA DO CEIP E.P. BAZÁN

Continuan as xornadas teatrais no marco do Programa de Teatro Escolar Intercentros do Concello de Vigo.O 12 de abril o centro visitante foi o CEIP Emilia Pardo Bazán coa representación da obra "Parque enfermo" para o alumnado de 5 anos e de 1º ciclo, unha adaptación do libro de Damián Cañas.Finalizada a obra houbo moitos aplausos, entrega de diplomas e unhas merecidas larpeiradas.
INTERTEATRO:CEIP E.P.BAZÁN on PhotoPeach


Sinopse: As árbores do parque están cada vez máis enfermas.Cloe, a xardineira, está moi preocupada porque non sabe que facer para que o parque volva a estar sán.¿Cal será a menciña para salvalo?.

sábado, 9 de abril de 2011

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR 2011

O vindeiro 4 de abril empezaron as II Xornadas de teatro escolar 2011 no Auditorio da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo(ESAD).Organizadas polo Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro de Vigo para contribuir á dinamización das ensinanzas teatrais no ámbito da educación.O noso cole xa participara o ano pasado e gustoulle tanto a experiencia que repetiu...
Acudimos o 5 de abril para interpretar "The Gruffalo" acompañados polo alumnado de 5º que foi en calidade de público e compartimos escenario co CEIP Carrasqueira e o CEIP Pintor Laxeiro.

En “The Gruffalo” o rato alardea de ser a criatura máis forte, temíbel e lista do bosque. Atópase varis animais do bosque que o queren papar. Rexeita o convite dicindo que quedara co Gruffalo ó que describe coma unha criatura temíbel. Finalmente cando cre telos burlados a todos aparéceselle o Gruffalo, ó que tamén escorrenta.
GRACIÑAS E NORABOA POLO ESFORZO E COLABORACIÓN DE TODOS/AS OS IMPLICADOS/AS!

EXPO-CONFERENCIA SOBRE PETRÓGLIFOS

Uns días antes da xenial visita do arqueólogo Xosé Lois Vilar,algúns nenos e nenas de 5º cursos prestáronse voluntarios para preparar unha exposición-conferencia sobre petróglifos coa axuda das súas titoras.Logo de elaborar unha presentación para a Pizarra Dixital con todo o material,os nenos e nenas de 1º ciclo,achegáronse á súa aula para escoitalos e ver os seus traballos.


Para a preparación da conferencia documentáronse cun DVD titulado "Petróglifos: testemuñas do tempo" de Federico de la Peña Santos e unha Unidade Didáctica do Concello de Vigo sobre xacementos arqueolóxicos existentes na cidade, ademais de visitar varias páxinas web.
Noraboa a todos e todas os participantes!

CHEGA O "ABRILIBRO"

Lede na seguinte carta, que proximamente recibiredes nas aulas, a misión que o rato ten preparada para festexar o "ABRILIBRO" deste curso:

I PREMIO PARA NEN@S DE ÁLBUM ILUSTRADO “PELES GUEDELLAS”

Animádevos a participar neste concurso que propón esta libraría de Vigo situada na rúa Doctor Cadaval.
Estas son as bases:

1. Os participantes serán nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
2. Establécense dúas categorías. A primeira de 5 a 8 anos e a segunda de 9 a 12.
3. A lingua do texto será castelán ou galego.
4. Cada participante puede presentar una obra como máximo. Presentaraa baixo pseudónimo, acompañado dun sobre pechado cos seus datos (nome, teléfono de contacto).

5. O formato da obra é o álbum ilustrado, é dicir, unha obra que conte unha historia con palabras e con imaxes, complementándose ambas, sendo mesmo posible que consista só en imaxe.
6. O soporte do libro será o papel en calquera das súas modalidades, cunha extensión non inferior a dez páxinas e non superior a trinta e dúas, con medidas libres.
7. Valorarase a creatividade, o detalle, a encadernación, a plasticidade, a forza da historia e a liberdade do nen@ para crear.
8. O xurado estará composto por cinco personas relacionadas co mundo do álbum ilustrado e a librería Peles Guedellas.
9. O prazo de entrega límite é o venres 22 de abril, ata as 20h.
10. O premio fallarase o sábado 30 de abril na librería Peles Guedellas ás 19h. no contexto da festa de celebración polo primeiro aniversario da librería. É indispensable que o autor ou autora asista ao acto para que se lle conceda o premio.
11. O premio consistirá en dous lotes de libros valorados en 60€ cada un, para cada unha das categorías. Entregaranse ademáis tres accésits por categoría (ao máis creativo, ao máis emotivo e ao máis colorido).
12. Más información: 886 131539 ou
libreriapelesguedellas@hotmail.com

domingo, 3 de abril de 2011

27 de marzo:FELIZ DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2011!

Na nosa cidade existen representacións teatrais para todos os públicos, por iso neste día,animámosvos a disfrutar das artes escénicas!
Como aperitivo da Xira de Interteatro deste ano,aí va unha pequena mostra dos ensaios do "GRUFFALO" antes da súa estrea.

KALANDRAKA CONTA CONTOS A TODO INFANTIL

O pasado venres 1 de abril,o alumnado de infantil acudiu á biblioteca do cole para facer maxia cos poderes que lle concederon as contacontos da libraría Kalandraka contos para soñar,en dúas sesións moi especiais na que deron vida con palabras e música de acordeón a contos como "O Gato Guille","Bailar nas Nubes" e "Pequena Lúa" entre outros.Seguro que cando volvan toparse con estes contos na biblioteca se lles debuxará na faciana a mesma expresión de emoción que capturaron as fotos, e se a lectura emociona, sinal de que estanse a xestar futuros lectores.
Ah! e se os vosos fillos e fillas  quedaron con ganas de máis historias, esta libraría ubicada no casco vello de Vigo organiza contacontos gratuítos os venres pola tarde.Consultade o horario das mesmas no seu blog e animádevos,caramba!
CONTACONTOS KALANDRAKA on PhotoPeach


CONTACONTOS KALANDRAKA continuación... on PhotoPeach

martes, 29 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo o alumnado de 6ºA e 6ºB adicouse a traballar co xornal na aula.Inspirándose no libro "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz,seleccionaron algúns anuncios por palabras e os transformaron en historias.
Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.



jueves, 24 de marzo de 2011

ARRANCA A XIRA DE INTERTEATRO

Xa estamos realizando os derradeiros ensaios antes de empezar coas representacións.Que nervios!Este é o cartel promocional da xira e as datas:

-O 4 DE ABRIL ACTUAMOS NO NOSO PROPIO COLE.
-O 5 DE ABRIL ACTUAMOS NA ESAD (Escola Superior de Arte Dramático)
- O 7 DE ABRIL ACTUAMOS NO CEIP "E.P. BAZÁN" (CHOUZO)
- O 12 DE ABRIL ACTÚA PARA NÓS O CEIP "E.P. BAZÁN"
-O 13 DE ABRIL ACTÚA PARA NÓS O CEIP "LOPE DE VEGA"


SINOPSE DA OBRA
Un rato -Little Brown Mouse- é quen de burlar a animais máis grandes e perigosos ca el cun invento do seu maxín, o Gruffalo, un monstro imposible que acaba facéndose realidade.Será quen de escorrentalo a el tamén?
Baseado no conto de Julia Donaldson 
REPARTO DE ACTRICES E ACTORES
PRESENTADORAS:
Djien Manel Beldjerd
Jessica Sánchez Hincapié
RATO:
Ana Nuñez Migón
GRUFFALO:
Pablo Vázquez Lorenzo
RAPOSA:
María Mancebo Bettremieux
MOUCHOS:
Alberto López Villar
Robert-Petronel Talica
SERPES:
Henrique Reboreda Fernández
Agustín Soria Díaz
María José Pomar del Río
LOBO:
Carlos Pérez Rodríguez
AXUDANTES:
Jaime A. Gutiérrez Aguirre
Daniel Vaquero Villamarín
Daniel Matei
CORO:
Mariana-Vasilia Chifor
Óscar Rodríguez Oliveira
Paula Pintos Busquets
Iago Rodríguez Iglesias
Aarón Fernández Gómez